RCCelta100 Profile Banner
RCCelta100 Profile
RCCelta100

@RCCelta100

3,822
Followers
11
Following
1,115
Media
1,457
Statuses

A conta oficial do Centenario do RC Celta 💯🩵 100 anos de Afouteza e Corazón

Vigo
Joined December 2022
Don't wanna be here? Send us removal request.
@RCCelta100
RCCelta100
1 year
Este é un ano inesquecible para nos, e o será tamén, tristemente, para o fútbol galego pola perda dunha das súas lendas. Arsenio Iglesias será sempre recordado polos seus méritos deportivos e calidade humana. Todo o noso agarimo para a familia deportivista 💙 Foto: Faro de Vigo
Tweet media one
29
82
893
@RCCelta100
RCCelta100
9 months
🩵 E hoxe, na véspera do centenario, chegamos ao último futbolista de #OsCenDoCentenario : Iago Aspas Juncal, @aspas10 . Máximo goleador do club en primeira e en todas as competicións. Sen dúbida, un dos futbolistas máis importante da nosa historia.
Tweet media one
26
218
841
@RCCelta100
RCCelta100
10 months
📝 Á lista dos 100 futbolistas máis importantes da historia do @rcceltagl chega hoxe un dos que seguramente é considerado pola maioría dos celtistas como un dos mellores futbolistas que vestiu a nosa camiseta, o ruso Aleksandr Mostovoi!  #100anosdeafoutezaecoraz ón
Tweet media one
34
149
815
@RCCelta100
RCCelta100
10 months
💥 Velocidade, desequilibrio, un contra un e o máis importante, moito gol! Todo isto é Manuel Agudo Durán, Nolito, o noso protagonista de hoxe de “Os cen do centenario”. Futbolista punzante, vivo, incisivo, e sempre na procura da portería contraria. #100anosdeAfoutezaeCoraz ón
Tweet media one
15
51
511
@RCCelta100
RCCelta100
9 months
💯 O canteirán @sergioalv1 , “O gato de Catoria”, é o 4º porteiro que defendeu a portería do @rcceltagl en máis partidos, tan só superado por Javier Maté, Lilo e José Manuel Pinto. Os seus números nas súas 11 campañas como céltico fan que sexa un de #OsCenDoCentenario
Tweet media one
10
65
456
@RCCelta100
RCCelta100
10 months
💯 Hugo Mallo Novegil, actualmente o futbolista do @RCCeltaGL con máis partidos na Primeira División é un de "Os Cen do Centenario". Eterno capitán (256 capitanías), o lateral dereito de Marín é unha lenda viva do noso club. É o 3º futbolista con máis partidos oficiais 👇
Tweet media one
6
68
446
@RCCelta100
RCCelta100
10 months
💯Iomar do Nascimento, Mazinho, foi o mediocentro perfecto. Destacou pola súa capacidade técnica e a súa visión para liderar o seu equipo, pero tamén pola súa capacidade de recuperación de balóns, o que demostrou no Celta a finais dos 90 👇
Tweet media one
7
53
438
@RCCelta100
RCCelta100
10 months
💯Regate, velocidade, habilidade e un gran acerto nos tiros lonxanos foron as señas de identidade de Fabián Orellana, un atacante chileno que destacou no @RCCeltaGL entre 2011 e 2017 e ao que hoxe damos a benvida en “Os cen do centenario” 👇
Tweet media one
12
47
433
@RCCelta100
RCCelta100
11 months
💯 Como non ía estar en “Os Cen do Centenario” Vlado Gudelj, ídolo dunha xeración de celtistas e quinto máximo goleador da nosa historia. O "Gudelj, Gudelj" converteuse nun berro de guerra eterno para os afeccionados 👇
Tweet media one
10
69
425
@RCCelta100
RCCelta100
10 months
💯 Borja Oubiña, que defendeu a camiseta do @rcceltagl durante 12 tempadas, é o número 66 de #OsCenDoCentenario ⚽️ O centrocampista vigués, saído da cantera celeste, tiña inmensa clase co balón nos pés, abarcaba moito terreo de xogo e un bo desprazamento de balón.
Tweet media one
7
53
418
@RCCelta100
RCCelta100
10 months
💯 O ruso Válery Karpin, futbolista número 32 entre os que máis partidos disputaron co @RCCeltaGL é un de “Os Cen do Centenario”. Formou un dúo de ensoño no Celta con outro ruso, Alexander Mostovoi, a finais dos anos 90 👇
Tweet media one
4
56
411
@RCCelta100
RCCelta100
9 months
🩵 Falar de Vicente Álvarez Núñez é falar dun dos maiores capitáns do @RCCeltaGL ! Un dos xogadores máis carismáticos da historia do equipo vigués e un ourensán que se gañou o aprecio e o cariño do celtismo e dos vigueses. Certamente é un de #OsCenDoCentenario
Tweet media one
26
52
389
@RCCelta100
RCCelta100
11 months
💯 Un fixo na lista de "Os Cen do Centenario" é o arxentino Gustavo López, @cuervolopez , o 9º futbolista que máis veces vestiu a camiseta do @RCCeltaGL en partidos oficiais. Excepcional extremo esquerdo habilidoso e “gambeteador”, dos que xogaba apegado á banda 👇
Tweet media one
13
61
376
@RCCelta100
RCCelta100
1 year
😍 Pero que marabilla é esta? 💯 A historia do RC Celta no inconfundible estilo de @academiaplay , a canle con máis seguidores de España en YouTube 🎞 💙 A gozar!! #100AnosDerAfoutezaeCorazon
15
91
361
@RCCelta100
RCCelta100
10 months
🏆 O número 71 de #OsCenDoCentenario é o último porteiro que conseguiu un trofeo Zamora como gardameta menos goleado da primeira división, defendendo a portería do @rcceltagl . Falamos do gaditano José Manuel Pinto.
Tweet media one
3
35
367
@RCCelta100
RCCelta100
5 months
Cumprense hoxe 6⃣ anos do último derbi en Riazor co primeiro equipo do @rccelta . Vitoria (1-3) con dous goles de @aspas10 na nosa derradeira visita a Coruña 🩵 #LaLigaHighlights
11
94
364
@RCCelta100
RCCelta100
1 year
💙 Dálle, Pucho!!
Tweet media one
15
59
359
@RCCelta100
RCCelta100
9 months
💯 Pedro Pablo Hernández, 'Tucu' por ser de San Miguel de Tucumán, Arxentina, foi un centrocampista cun pé esquerdo extraordinario e  cun carácter e forza que o converteron nun xogador clave no mediocampo do @rcceltagl de Berizzo entre 2014 e 2018. Un de #OsCenDoCentenario
Tweet media one
10
51
359
@RCCelta100
RCCelta100
11 months
💯 O defensa de Matamá Jonathan Castro Otto, Jonny, deixou o @RCCeltaGL con só 24 anos, pero tivo tempo de ser o futbolista número 31 en partidos disputados co noso club. É un exemplo de precocidade, potencia física, velocidade e resistencia 👇
Tweet media one
6
36
356
@RCCelta100
RCCelta100
1 year
💯Continuamos co recordo a “Os Cen do Centenario”. Chega o día dun excepcional defensa central que tamén foi adestrador do equipo, o arxentino Toto Berizzo. Estivo 5 tempadas no @RCCeltaGL , xogando competicións europeas, incluída a Champions League 👇
Tweet media one
12
58
344
@RCCelta100
RCCelta100
10 months
💯 O franco-congolés Claude Makelele foi un dos mellores centrocampistas defensivos de principios do século XX en todo o panorama mundial. No seu primeiro ano, con Mazinho, ao seu carón, formou unha das mellores parellas de medios que se lembran da Liga 👇
Tweet media one
10
32
338
@RCCelta100
RCCelta100
9 months
💯 O defensa central bilbaíno Patxi Salinas gañouse un lugar no corazón do celtismo polo seu carisma, a súa dedicación, o seu carácter e a súa regularidade. Considerámolo sen dúbida un dos 100 futbolistas máis importantes da historia do Celta!
Tweet media one
9
31
328
@RCCelta100
RCCelta100
6 months
Como futbolista, adestrador e celtista, un nome clave na nosa historia 🎂 Parabéns, Toto!
Tweet media one
10
39
304
@RCCelta100
RCCelta100
10 months
💯Indiscutible en "Os Cen do Centenario" debe ser Javier Maté, o porteiro que defendeu en máis ocasións a portería do @RCCeltaGL (369). É o gran porteiro do Celta dos 80, titular incontestable en case todas as 13 tempadas que estivo no club
Tweet media one
14
34
295
@RCCelta100
RCCelta100
10 months
💯 O centrocampista balcánico Milorad Ratkovic, propietario e señor da banda esquerda de @rcceltagl durante boa parte dos anos 90, é o futbolista número 75 de #OsCenDoCentenario
Tweet media one
12
36
295
@RCCelta100
RCCelta100
9 months
💯 Un dos principais bastións do @RCCeltaGL que asombrou a toda Europa a finais dos 90 foi o israelí Haim Revivo; un de #OsCenDoCentenario 👟 Revivo foi un futbolista exquisito cun pé esquerdo prodixioso, gran técnica e excelente golpeo de balón.
Tweet media one
4
33
296
@RCCelta100
RCCelta100
9 months
𝟭𝟵𝟮𝟯 🩵🤍 𝟮𝟬𝟮𝟯 Hoxe non é un día máis, hoxe non estamos nos albores dun día calquera. Hoxe é o noso día, celtismo. 💯 anos do nacemento dunha paixón, dun sentimento, dunha bendita condena. Xustamente hoxe, fai un século que naceu o #RCCelta . #100anosdeAfoutezaeCoraz ón
Tweet media one
6
63
292
@RCCelta100
RCCelta100
1 year
😍😍Que fermoso loce o noso autobús🚌!! O Centenario do #RCCelta percorrerá rúas, estradas e estadios... e levantará paixóns! #OrgullososDoNoso #100AnosdeAfoutezaeCorazon
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
14
39
282
@RCCelta100
RCCelta100
10 months
💯 "Os cen do centenario" recibe hoxe ao defensa vigués Joaquín Fernández Santomé, Quinocho. Dende que Yayo o converteu en defensor, serviu como tal durante 10 tempadas e 202 partidos coa honestidade e profesionalidade dun verdadeiro home de club! #100anosdeAfoutezaeCoraz ón
Tweet media one
4
40
277
@RCCelta100
RCCelta100
10 months
💯 A lista cos 100 máis senlleiros futbolistas da historia do @rcceltagl recibe hoxe ao único gañador dun trofeo Pichichi de máximo goleador da primeira división española sendo xogador do equipo celeste. Falamos de Manuel Fernández Fernández, Pahiño #OsCenDoCentenario
Tweet media one
4
44
275
@RCCelta100
RCCelta100
9 months
💯 O valenciano @juansanchezvlc , o "Romario de Aldaia", que adoitaba facer de segundo dianteiro e contrarrestaba a súa pouca estatura cunha gran capacidade para estar no momento oportuno para facer gol, é un de #OsCenDoCentenario
Tweet media one
7
28
258
@RCCelta100
RCCelta100
1 year
😍💙Chega o primeiro paso da celebración dos #100anosdeAfoutezaeCorazon !! 3⃣0⃣O venres 30, celtismo e equipo da man, nunha gran festa dende o mediodía en Abanca Balaídos 🎼🥂Animación infantil, concerto de Keltoi, recibimento ao equipo, badaladas… 👉
Tweet media one
6
55
243
@RCCelta100
RCCelta100
9 months
2⃣3⃣ Hoxe cúmprense 23 anos da conquista do @RCCeltagl en San Petersburgo da 🏆 Copa Intertoto da UEFA. 📼 Vídeo co gol de Benni que deu o título ao RC Celta 🙌 #100anosdeAfoutezaeCoraz ón
6
53
243
@RCCelta100
RCCelta100
11 months
💯 Un novo integrante de "Os Cen do Centenario" é un futbolista brasileiro, Everton Giovanella, un centrocampista defensivo todo dedicación, carácter e esforzo. O seu traballo constante nos partidos foi moi valorado polos afeccionados celestes que gardan moi boas lembranzas del👇
Tweet media one
5
25
238
@RCCelta100
RCCelta100
1 year
💪 Un celtista nunca se rende 💙 Fernández del Riego: a voz dos que non teñen voz. o que nunca se rendeu #UnDosNosos 📖 Feliz Día das Letras Galegas!! #100AnosDeAfoutezaeCorazon
Tweet media one
3
57
222
@RCCelta100
RCCelta100
1 year
𝓔𝓯𝓮𝓶𝓮́𝓻𝓲𝓭𝓮 𝓭𝓸 𝓒𝓮𝓷𝓽𝓮𝓷𝓪𝓻𝓲𝓸 ⚽ Hai hoxe 53 anos, un lanzamento de falta do carballinés Cesareo Rivera salvaba ao @RCCeltaGL e condenaba ao Coruña ao descenso a Segunda División. 📽 Vídeo do NODO daquel dramático derbi en Riazor coa voz do mítico Matias Prats
17
64
222
@RCCelta100
RCCelta100
11 months
💯Achegamos hoxe a “Os Cen do Centenario” a un dos tres porteiros do @RCCeltaGL que gañaron un Trofeo Zamora de Primeira División. @santicanizares só estivo dúas tempadas no club, pero deixou pegada coma un dos mellores porteiros da nosa historia 👇
Tweet media one
10
24
220
@RCCelta100
RCCelta100
11 months
😍 Que se vos vén á cabeza ao ver esta marabilla? 💙
Tweet media one
14
32
218
@RCCelta100
RCCelta100
1 year
💙 Inesquecible 🥹 Imposible non emocionarse co noso Embaixador do Centenario ⚽️ Eusebio Sacristán fixo o saque de honra no #CeltaRealValladolid #100AnosdeAfoutezaeCorazon
9
29
213
@RCCelta100
RCCelta100
11 months
💯 O xornalista @FerGonzo , Embaixador do Centenario do @RCCeltaGL 💙 Celtista de corazón, non perde ocasión para proclamar, alá onde estea, o seu amor polo escudo celeste ⚽ Únese a Eusebio Sacristán e @TheRealSalgado #100AnosDeAfoutezaeCorazon
7
19
211
@RCCelta100
RCCelta100
11 months
💯 Un dos 100 futbolistas máis senlleiro da historia de @RCCeltaGL debe ser o valenciano Juanfran García. Lateral esquerdo rudo, da antiga escola. Correúdo, pegadizo, un marcador nato..... Nunca descansou nin un minuto. A súa dedicación era total no campo 👇
Tweet media one
6
21
212
@RCCelta100
RCCelta100
11 months
💯Foron varios os porteiros arxentinos que destacaron no @RCCeltaGL . A “Os Cen Do Centenario”, cos 100 futbolistas máis destacados da nosa historia chega hoxe Pablo Cavallero, que gañou un Trofeo Zamora de Primeira División co Celta 👇
Tweet media one
1
19
209
@RCCelta100
RCCelta100
11 months
💯 Presentámosvos a primeira embaixadora do Centenario celeste: a xornalista e escritora @TaboadaLucia 💙 Enorme paixón polo @RCCeltaGL e gran xenerosidade para exhibir este sentimento en calquera foro e lugar, de palabra e en papel 🖌 🙋‍♀️ “Son do Celta e punto”
6
22
212
@RCCelta100
RCCelta100
10 months
2⃣2⃣ Hai hoxe 22 anos o @RCCeltaGL disputaba en Sevilla a terceira final de Copa da súa historia. O rival, como en 1994, volveu ser o Real Zaragoza. Adiantámonos cun gol de Mostovoi, pero unha vez máis, non pudo ser. Historia triste, historia despois de todo. Voltaremos !!!
Tweet media one
Tweet media two
Tweet media three
Tweet media four
8
30
209
@RCCelta100
RCCelta100
10 months
💯 Lateral ambidextro con capacidade para xogar en ambas bandas, aínda que xogando principalmente pola parcela dereita, @JorgeOtero483 é un dos xogadores da canteira que se atopa entre os 25 futbolistas que máis partidos xogaron co noso club. Un de #OsCenDoCentenario
Tweet media one
4
22
199
@RCCelta100
RCCelta100
1 year
💯 O primeiro Embaixador do Centenario? alguén moi querido pola afección 💙 Merecida homenaxe ao noso Eusebio Sacristán ⚽ Fará o saque de honra e recibirá o agarimo da celtismo 🙌 #100AnosDeAfoutezaeCorazon
9
42
202
@RCCelta100
RCCelta100
10 months
7⃣ Hai 7 anos o @RCCeltaGL impúxose ao Coruña (2-0) con este gran gol de @aspas10 no primeiro derbi galego que se disputaba fóra de España. 🇺🇾 O partido xogouse no Estadio Parque Central de Montevideo, estadio que o Celta xa visitara en 1928 na súa primeira xira americana.
41
21
192
@RCCelta100
RCCelta100
1 year
💯 Só ten 24 anos, pero o madrileño @franbeltran__ entra na nómina de integrantes de “Os Cen do Centenario” por méritos propios. A día de hoxe xa figura entre os 70 futbolistas que máis partidos oficiais disputaron co @RCCeltaGL 👇
Tweet media one
6
22
194
@RCCelta100
RCCelta100
11 months
𝓔𝓯𝓮𝓶𝓮́𝓻𝓲𝓭𝓮 𝓭𝓸 𝓒𝓮𝓷𝓽𝓮𝓷𝓪𝓻𝓲𝓸 1⃣0⃣ Hoxe hai 10 anos, o @RCCeltaGL salvábase do descenso ao vencer na última xornada ao Espanyol en #AbancaBalaidos e no seu lugar descendía o Coruña á Segunda División. Foi a salvación do 4,01% #100AnoDeAfoutezaeCorazon
8
35
193
@RCCelta100
RCCelta100
11 months
💯 O francés Richard Dutruel foi o gardameta que defendeu ao @RCCeltaGL nos primeiros anos daquela máquina celeste que asombrou a Europa a finais dos 90. As súas actuacións sitúano de cheo na lista de "Os Cen do Centenario" 👇
Tweet media one
6
19
194
@RCCelta100
RCCelta100
11 months
💯 Hoxe traemos de novo un sevillano a “Os Cen do Centenario”. O centrocampista ofensivo Jesús Mora Nieto, "Jesuli" é seguramente un dos futbolistas que fixo máis goles de fermosa factura co @RCCeltaGL . Ás veces extremo, ás veces segunda punta. Sempre desbordando calidade 👇
Tweet media one
5
18
190
@RCCelta100
RCCelta100
9 months
🩵 O neno da foto que leva a camiseta do @RCCeltagl e o adulto da outra que leva a do Manchester United son a mesma persoa: Ander Herrera. Os máis veteranos saberano, pero os celtistas máis cativos preguntaranse que fai o Ander cativo vestido de Celeste.
Tweet media one
Tweet media two
4
15
189
@RCCelta100
RCCelta100
9 months
💯 Un dos mellores laterais dereitos da historia do @RCCelta é sen dúbida o canteirán @TheRealSalgado . Tras volver da súa cesión no Salamanca, desbordou forza e velocidade, non sen técnica na banda dereita celeste, converténdose no mellor lateral da liga! #OsCenDoCentenario
Tweet media one
2
15
187
@RCCelta100
RCCelta100
10 months
💯 O leonés Pichi Lucas, dianteiro dos de antes e gran rematador de cabeza, é o sétimo máximo goleador da historia do @RCCeltaGL . Conseguiu o Trofeo Pichichi de segunda división ao marcar 27 goles na tempada 1981-82 que catapultaron ao club ao ascenso á primeira división 👇
Tweet media one
5
22
185
@RCCelta100
RCCelta100
1 year
💯 Comezamos coa recompilación de "Os cen do centenario" cos 100 futbolistas máis importantes da historia do @RCCeltaGL , con Manolo Rodríguez, o xogador que máis partidos oficiais disputou (533) coa camiseta do Celta👇
Tweet media one
2
47
184
@RCCelta100
RCCelta100
11 months
💯Seguimos coa lista de "Os Cen do Centenario" cos 100 futbolistas máis senlleiros da historia do @RCCeltaGL . Hoxe traemos a un futbolista brasileiro que podía xogar en toda a fronte do ataque, Edú Schimidt @EduSchimidt , que marcou 34 goles nos seus 4 anos en Vigo 👇
Tweet media one
3
18
177
@RCCelta100
RCCelta100
1 year
2
35
173
@RCCelta100
RCCelta100
1 year
💯 Son varios os arxentinos que entran na lista de "Os Cen do Centenario" que reúne aos 100 futbolistas máis importantes da historia do RC Celta. Un deles é o defensa Gustavo Cabral que xogou 229 partidos co Celta, ocupando o posto 26 entre os que máis vestiron a nosa camisola 👇
Tweet media one
3
16
166
@RCCelta100
RCCelta100
10 months
💯 Manuel Copena Araujo, Nolete, é un dos mellores dianteiros da historia do @RCCeltaGL e sen dúbida a gran figura dos anos 30. Nolete xogou 176 partidos vestindo a camiseta do Celta e marcou 161 goles. Unha tolemia de lenda! #OsCenDoCentenario
Tweet media one
1
23
167
@RCCelta100
RCCelta100
1 month
🔙 Hai hoxe 54 anos, un lanzamento de falta do carballiñés Cesareo Rivera salvaba ao @RCCelta , o que significaba o descenso do Deportivo a Segunda División 🎥 Vídeo do NODO daquel derbi en Riazor coa voz do mítico Matias Prats #100anosdeAfoutezaeCoraz ón
40
41
167
@RCCelta100
RCCelta100
7 months
🇪🇺 Hai hoxe 2⃣0⃣ anos, desputábase no estadio #AbancaBala ídos o noso primeiro partido da Liga de Campións. ⚽️ Aquela noite de outubro, @rccelta e @acmilan enfrontáronse en Vigo, nun partido que remataría en empate. #100anosdeAfoutezaeCoraz ón
Tweet media one
2
28
166
@RCCelta100
RCCelta100
1 year
1923-2023 𝑪𝒆𝒏𝒕𝒆𝒏𝒂𝒓𝒊𝒐 #RCCelta 💙
Tweet media one
2
15
162
@RCCelta100
RCCelta100
11 months
💯 O membro número 39 de “Os Cen do Centenario” é Manuel Hermida Losada, coñecido como Hermidita para distinguilo de dous dos seus tíos, tamén xogadores do @RCCeltaGL , Pepe e Ángel Hermida. Foi unha das grandes glorias do noso club, e é o sexto máximo goleador da nosa historia 👇
Tweet media one
4
32
161
@RCCelta100
RCCelta100
9 months
🙌 O lateral dereito Juan Velasco, destacado futbolista do Eurocelta que triunfou nas competicións europeas entre finais dos 90 e os primeiros do século XX, chega hoxe a #OsCenDoCentenario
Tweet media one
2
13
164
@RCCelta100
RCCelta100
6 months
Hai hoxe 1⃣7⃣ anos, o @RCCelta xogaba un partido da @EuropaLeague en Newcastle. Un mozo de 19 anos de Moaña era convocado por primeira vez co primeiro equipo... o resto é historia 📸Óscar Vázquez (La Voz de Galicia | Grada de Río)
Tweet media one
3
22
160
@RCCelta100
RCCelta100
11 months
💯 O defensa irlandés Jimmy Hagan só estivo 3 tempadas no @RCCeltaGL , pero deixou pegada pola súa elegancia na saída do balón e o seu fútbol sinxelo e sen necesidade de brusquidades que lle fixo gañar o trofeo ao Xogo Limpo. Para nós debe ser un de #OsCenDocCentenario 👇
Tweet media one
5
20
160
@RCCelta100
RCCelta100
9 months
💯 O novo integrante de #OsCenDoCentenario é o dianteiro de Saiáns, Ramón Sanromán. Dianteiro cunha enorme capacidade de traballo no equipo, aínda que non con demasiados goles (32 ⚽️ en 228 partidos), é o futbolista 27º futbolista con máis partidos oficiais co @RCCelta !
Tweet media one
2
17
162
@RCCelta100
RCCelta100
1 year
🌞 O sol sobe e a lona resplandece 🌟
2
19
159
@RCCelta100
RCCelta100
1 year
💯 “Os Cen do Centenario” recibe hoxe a un dos mellores laterais zurdos da historia do club. O cordobés @bergesrafa fichou polo @RCCeltaGL tras ser campión olímpico en Barcelona 92 para converterse no dono da banda esquerda celeste na década dos 90 👇
Tweet media one
3
17
157
@RCCelta100
RCCelta100
1 year
🚨💙🙂Quedan 250 días para el Centenario!! Tenemos una GRAN PROGRAMACIÓN preparada… Celebraremos por todo lo alto este hito de la mano del celtismo. Síguenos y recibe toda la información al momento. El lunes, día 19, primeras sorpresas! #Cami ñoAoCentenario
Tweet media one
21
24
153
@RCCelta100
RCCelta100
1 year
🙂 Boas noticias! ⚽ Desde agora contaremos co respaldo documental e a sabedoría dunha conta de referencia: @yojuguecelta , de Berto Villamarín 💯 Aproveitarémolo ao máximo! #100AnosDeAfoutezaeCorazon
Tweet media one
16
20
153
@RCCelta100
RCCelta100
1 year
🚨 Atención, celtismo! 💙 Aquí chega a información que estabades a esperar 📋 Debullamos moitas das accións da celebración do noso Centenario 💯 😅 Imos co fío máis longo da nosa historia 🥇
2
36
153
@RCCelta100
RCCelta100
6 months
🤩 24 anos da goleada histórica ao @SLBenfica na Copa da UEFA. Foron 7⃣ goles!
Tweet media one
4
26
150
@RCCelta100
RCCelta100
10 months
🩵 Un dos 100 futbolistas máis importantes da historia do @rcceltagl é Pedro González, Pedrito. Un home de club que ademais de xogar 8 tempadas no @rccelta , disputando 154 partidos oficiais, tamén foi adestrador do equipo celeste! #OsCenDoCentenario
Tweet media one
4
22
147
@RCCelta100
RCCelta100
2 months
🔙🤯 Hai hoxe 24 anos o @RCCelta esnaquizaba á @juventusfc #100anosdeAfoutezaeCoraz ón
3
37
150
@RCCelta100
RCCelta100
1 year
💙 Preciosa homenaxe ás nosas orixes 💯 O presidente Carlos Mouriño anuncia, a cinco meses do Centenario, un novo nome para o Celta B ⚽ Desde a próxima tempada, o filial será oficialmente o Celta Fortuna #100AnosDeAfoutezaeCorazon
Tweet media one
8
18
150
@RCCelta100
RCCelta100
1 year
💯 264 partidos, 260 deles no once inicial. O arxentino Fernando Cáceres foi titular a meirande parte dos encontros dende a súa posición de defensa central. É o número 17 en partidos disputados co @RCCeltaGL . Sen dúbida, debe formar parte de “Os Cen do Centenario” 👇
Tweet media one
4
20
143
@RCCelta100
RCCelta100
10 months
💯 O pontevedrés Luís Casas Pasarín, un dos mellores defensas dos primeiros anos de vida do @rccelta , foi o primeiro internacional celeste coa selección española en 1924, nos Xogos olímpicos de París. Non podía faltar entre #OsCenDoCentenario
Tweet media one
1
23
140
@RCCelta100
RCCelta100
9 months
🩵 Un dos mellores futbolistas dos nosos case 100 anos de historia é o carballiñés Cesáreo Rivera. Un crack na elaboración dos ataques e un gran lanzador de faltas. Un centrocampista con moitísima calidade que dende neno soñaba con vestir a camiseta do @RCCelta #OsCenDoCentenario
Tweet media one
4
24
141
@RCCelta100
RCCelta100
10 months
⚽️ O 2º máximo goleador da historia do @RCCeltaGL , Ramón Polo, é loxicamente, un de #OsCenDoCentenario . Nado en Corcubión, era un dianteiro interior esquerdo cunhas condicións excepcionais, xa que tiña unha gran velocidade e habilidade, xunto cun tiro devastador e preciso.
Tweet media one
2
17
140
@RCCelta100
RCCelta100
10 months
2⃣3⃣ Hoxe cúmprense 23 anos da fichaxe de @catanhaoficial por parte do @RCCeltaGL . 🪙 Daquela foi a fichaxe máis cara da historia do club, pero ben o valeu por todo o que nos deu!! #100anosdeAfoutezaeCoraz ón
Tweet media one
Tweet media two
4
20
138
@RCCelta100
RCCelta100
10 months
💯 Hoxe lembramos ao gaditano Antonio Martínez Sánchez, Mori, como un dos 100 futbolistas máis senlleiros da nosa historia. Era un interior destro que tamén se desenvolvía en toda a fronte do ataque, un xogador con moito encanto e moita habilidade.
Tweet media one
2
18
136
@RCCelta100
RCCelta100
9 months
💯 Pepe Villar é sen dúbida un dos grandes mitos da historia do @rcceltagl e, como tal, ten que estar en #OsCenDoCentenario 🩵 O mítico Villar, que estivo no club durante case a metade dos nosos 100 anos de historia! #100anosdeAfoutezaeCoraz ón
Tweet media one
5
19
137
@RCCelta100
RCCelta100
10 months
🩵 Outro dos futbolistas que forman parte de #OsCenDoCentenario , e seguramente descoñecido por moitos dos seguidores celestes, é Julio Otero. Defensa excepcional que defendeu a camiseta do @rcceltagl a principios dos anos 50. Hoxe lembremos ao xogador coruñés.
Tweet media one
1
17
136
@RCCelta100
RCCelta100
1 year
💯Entre os elixidos de “Os Cen do Centenario” non pode faltar o cuarto futbolista que máis partidos xogou co @RCCeltaGL , Atilano Vecino. Atilano plasma na súa figura de defensa as características que tanto definen ao club: afouteza e corazón 👇
Tweet media one
3
22
136
@RCCelta100
RCCelta100
10 months
2⃣7⃣ Hoxe cúmprense 27 anos do día en que Haim Revivo cambiou a @rcceltagl polo Macabbi. Non vos perdades esta curiosa historia!
Tweet media one
Tweet media two
11
15
132
@RCCelta100
RCCelta100
6 months
🔙 Cúmprense hoxe 9⃣ anos da primeira vitoria en @LaLiga no Camp Nou de Barcelona con este gol de Larrivey
3
3
134
@RCCelta100
RCCelta100
11 months
2⃣0⃣ Hoxe hai 20 anos o @RCCeltaGL batía á Real Sociedad (3-2) e clasificábase para disputar a Liga de Campións o día que Pablo Cavallero gañaba o Trofeo Zamora como porteiro menos goleado de Primeria División #100AnosDeAfoutezaeCorazon
4
24
133
@RCCelta100
RCCelta100
11 months
💯 O dianteiro brasileiro Catanha, quizais o mellor cabeceador da historia do @RCCeltaGL , chega hoxe á lista de "Os Cen Do Centenario" cos futbolistas máis importantes da nosa historia. Nas súas 4 campañas tivo tempo de estar entre os 30 máximos goleadores da historia do club 👇
Tweet media one
2
12
131
@RCCelta100
RCCelta100
11 months
💯 O porteiro arxentino Carlos Fenoy é o futbolista número 30 de “Os Cen Do Centenario”. Capaz de voos espectaculares e de reflexos excepcionais, Fenoy ten un récord difícil de igualar: na tempada 1976-77 converteuse no máximo goleador do @RCCeltaGL 👇
Tweet media one
5
21
132
@RCCelta100
RCCelta100
1 year
𝓔𝓯𝓮𝓶𝓮́𝓻𝓲𝓭𝓮 𝓭𝓸 𝓒𝓮𝓷𝓽𝓮𝓷𝓪𝓻𝓲𝓸 3⃣4⃣ Hoxe hai 34 anos, o Real Madrid de Leo Beenhakker perdeu o seu único partido na liga 1988-89, e fíxoo en Balaidos ante un @RCCeltaGL comandado polo gran dianteiro Amarildo. Aquel Celta de Novoa rematou 8º, a un paso de Europa
10
35
129
@RCCelta100
RCCelta100
20 days
🥹 "𝐷𝑒𝑠𝑑𝑒 𝑎𝑞𝑢𝑒𝑙 𝑑𝑖́𝑎 𝑙𝑎 𝑔𝑒𝑛𝑡𝑒 𝑡𝑒 𝑞𝑢𝑖𝑠𝑜 𝑒𝑙 𝑑𝑜𝑏𝑙𝑒". Alejo Indias, Patxi Salinas e a final de Copa do 94. 30 anos depois, #AD ébeda continúa 💪
11
21
132
@RCCelta100
RCCelta100
1 year
💯 Chega o primeiro futbolista estranxeiro á lista de "Os Cen do Centenario" cos 100 futbolistas máis importantes da historia do club. O brasileiro Baltazar só pasou 3 tempadas no club, pero emerxeu como un excelente dianteiro, gañando un Trofeo Pichichi de 2ª división en 1987 👇
Tweet media one
3
29
130
@RCCelta100
RCCelta100
10 months
🎶 29 de xullo de 1990. Hai hoxe 33 anos @Madonna , a raiña do pop, vestía a camiseta do @RCCeltagl con orgullo no seu concerto en Balaídos! 🎵🩵🎤 #100anosdeAfoutezaeCoraz ón
1
30
131
@RCCelta100
RCCelta100
9 months
✌️ Dous irmáns xemelgos de Moaña xogaron no @rcceltagl entre os anos 80 e 90. O máis regular deles, unha verdadeira forza da natureza, foi o defensa Suso Santomé, o noso número 85 de #OsCenDoCentenario
Tweet media one
4
15
129
@RCCelta100
RCCelta100
6 months
Felices 60, @patxisalinas ! 🎉🎂
Tweet media one
4
17
129
@RCCelta100
RCCelta100
9 months
🙌 Venancio González, ou "Capitán Veneno", foi un extremo dereito nado en Ribadavia e criado en Vigo. Seguramente, o primeiro gran capitán da historia do @rcceltagl ! Unha das pezas fundamentais do primeiro ascenso do club á máxima categoría. 💯 Un de #OsCenDoCentenario
Tweet media one
2
15
129
@RCCelta100
RCCelta100
1 year
Esta é unha noite moi especial, para vivila con felicidade e gozala plenamente en familia. 🫶 A nosa é enorme, agarimosa e moi unida. Distintas xeracións e 99 noiteboas. 🎅 Felices festas familia celeste!!💙 #100AnosDeAfoutezaECoraz ón
2
27
125
@RCCelta100
RCCelta100
9 months
💯 Entra hoxe no listado de #OsCenDoCentenario Francisco Roig, un extremo esquerdo canario con gran olfacto de gol, ata o punto de que con 52 goles é o oitavo futbolista que máis tantos marcou co @rcceltagl na Primeira División!
Tweet media one
1
10
126
@RCCelta100
RCCelta100
11 months
💯Moito gol, centro perfecto, a cintura de avespa e a velocidade dun felino, así era o protagonista de “Os Cen do Centenario” de hoxe, Juan Del Cura. 228 partidos, 10 tempadas, 55 goles, cifras que falan claramente da importancia do habilidoso madrileño na historia do RC Celta 👇
Tweet media one
3
15
126